martes, 22 de marzo de 2011

A Escola Galega de Adestradores da FGB convoca os seus cursos de formación de Nivel 1 e Nivel 2

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, convoca os seus Cursos de formación de Adestradores de Nivel 1 e Nivel 2, correspondentes á temporada 2011 - 2012.

Ambos os Cursos programados presentan, como é habitual, unha serie de características, requisitos e datos particulares para tramitar a inscrición que, para un mellor coñecemento dos mesmos, se poden consultar nos documentos oficias de convocatoria que aquí se achegan e que permanecerán a disposición de todos os interesados no apartado ADESTRADORES - FORMACIÓN desta web.

Así mesmo, pode descargarse dende hoxe mesmo o modelo de inscrición propio para cada un destes Cursos, os cales se celebrarán, por cuarto ano consecutivo, a modo de concentración na súa fase presencial e nunha única sede: Santiago de Compostela.

Doc. Convocatoria - Curso Nivel 1 http://www.fegaba.com/enlaces/novas/doc/0101968001298971425-convocatoria-curso-nivel-i.pdf
Convocatoria - Curso Nivel II
http://www.fegaba.com/enlaces/novas/doc/0405415001298971440-convocatoria-curso-nivel-ii.pdf
Formulario de Inscrición - Nivel I
http://www.fegaba.com/enlaces/novas/doc/0873246001298971453-formulario-de-inscricion-nivel-i.doc
Formulario de Inscrición - Nivel II
http://www.fegaba.com/enlaces/novas/doc/0482453001298971473-formulario-de-inscricion-nivel-ii.doc

01/03/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario