martes, 30 de agosto de 2022

TORNEO 3X3 "Basket Na Rua" Concello de Ponteareas

APLAZADO PARA EL DÍA 17/09/2022


Un ano mais o Club Baloncesto Condado e o Concello de Ponteareas organizan o clásico 3x3 "Basket na Rua" co que tratamos de achegar o baloncesto á nosa contorna e que os máis pequenos gocen dun día diferente e poidan coñecer o noso deporte.

Haberá 3 categorías e debes inscribirche desde estas ligazóns hasta o Venres as 14:00 h.

SENIOR/ JUNIOR: Solicitud Inscripción Torneo "Basket na Rua 3x3 Ponteareas

CADETE/ INFANTIL: Solicitud Inscripción Torneo "Basket na Rua 3x3 Ponteareas

MINIBASKET/ BENJAMÍN: Solicitud Inscripción Torneo "Basket na Rua 3x3 Ponteareas

O torneo disputarase como vendo sendo habitual os últimos anos na Praza Maior de Ponteareas o próximo 17 de Setembro a partir das 16:00 h.


Os equipos terán un máximo de 5 xogadores e o capitán que pode ser un dos 5 ou outra persoa. As inscricións feitas antes do 2 de Setembro ás 23:59

h terán preferencia ata completar os 16 equipos que serán admitidos como máximo. A inscrición é gratuíta para os Torneos MiniBasket-Benjamín e Cadete-Infantil pero custará 20 euros para o Torneo Senior-Junior. A arbitraxe en Mini-Benj e Cad-Inf é por conta da organización. En Senior-Jun. nun principio durante a primeira fase arbitrarana os xogadores de forma que os partidos serán arbitrados por 2 xogadores do equipo gañador do partido anterior e posteriormente arbitrarán ata os final árbitros titulados.




Este ano volveremos COLABORAR CON PONCHE SOLIDARIO e todos os participantes de todas as
categorias (Benjamin, Mini, Infantil, Cadete, Junior e Senior) deberan traer un produto de xeneral ou de hixiene persoal,


Calquera cuestión non dubidedes en poñervos en contacto connosco por mail en cbcondado@gmail.com ou no teléfono 670 969 826.


jueves, 10 de febrero de 2022

CUOTA FEBREIRO E REQUISITOS TEMPADA 2021/22

Estamos no mes de febreiro e todos os xogadores deben completar os seus compromisos co Club.

1º regularizar cotas, xa que é o mes disposto para iso. 2º Os que non teñan as camiseta de adestramento deben recollela en Polisport ou solicitala ao adestrador, se existe algún problema de tallas tentaremos solucionalo canto antes. 3º O chandal é obrigatorio e os que non o teñan deben ir a Polisport xa porque imos realizar un pedido en breve. O custo ten un porcentaxe subvencionado polo Club. 4º Tamén moita xente pregúntanos polas cotas segundo a data de entrada no club polo que vos deixamos aquí a táboa oficial. Un saúdo