martes, 31 de agosto de 2010

TORNEO 3X3 "BALONCESTO NA RUA" CONCELLO DE PONTEAREAS

Se disputara el día 25 de Septiembre el la Plaza Mayor de Ponteareas.

<--- Programa Deportivo de las fiestas de Ponteareas 2010.



Programa de fiestas de Ponteareas 2010. Virgen de los Remedios y S. Miguel
DATA: 25 Setembro 2010

HORA: 16,00–21.00

LUGAR : Praza Maior de Ponteareas.

INSCRICIÓN: - Tfno. Nº 649.43.03.45 -- 986.66.16.74
- No Multiusos do Concello de Ponteareas
- Directamente no campo de xogo
- Inscrición – 15 Euros : 2080.0434.18.0040105312 de Caixanova
- Presentarase nome do equipo e teléfono do capitán.

INFORMACIÓN: Concello de Ponteareas - Multiusos. Tfno. 649.43.03.45 / 986 66 16 74

ORGANIZACIÓN: Concello de Ponteareas / CB Condado Electrica Sestelo

domingo, 22 de agosto de 2010

I CLINIC DE BALONCESTO 2010 ORGANIZADO POLO CLUB BALONCESTO S


O Club Baloncesto Seis do Nadal organizará nesta nova tempada 2010/2011 o I Clínic de Baloncesto 2010 dirixido a técnicos, adestradores e monitores o próximo sábado día 28 de agosto do 2010 no Colexio Celso Emilio Ferrerio.

Seguindo a liña de actuación no ámbito deportivo das pasadas campañas, o club adica os primeiros meses de cada tempada á formación constante e continua dos técnicos e monitores da entidade, e dos adestradores vigueses e galegos en xeral. Nas pasadas tempadas o club olívico organizaba diversas charlas fomativas nos meses de agosto e setembro sendo a presente tempada 2010/2011 a primeira que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organice un Clinic de Baloncesto.

Os ponentes do I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará o próximo sábado 28 de agosto do 2010 serán César Iglesias, Félix Muñoz e Quino Salvo, os tres Adestradores Superiores de Baloncesto cunha contrastada experiencia no deporte da canastra; así como Pablo Sánchez, Preparador Físico do Seis do Nadal - Coia e Licenciado en INEF.

O I Clinic de Baloncesto comezará as 10:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia, hora na que se fará entrega da documentación das formacións. A temática que se tratará durante a xornada da mañá sera a "Construcción defensiva" que será exposta en dúas charlas prácticas de máns de César Iglesias e Félix Muñoz.

Na xornada da tarde, os asistentes poderán presenciar dúas ponencias, tamén prácticas, que se centrarán en "Conceptos de ataque ante defensas zonais" e "Novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación", que serán tratadas por Quino Salvo e Pablo Sánchez respectivamente.

Escola Galega de Adestradores

A asistencia a este I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia establece un ano máis outro aliciente formativo con múltiples coñecementos que se exporán sobre a pista. Así, a participación no mesmo validarase como 6 horas de formación práctica para os alumnos dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto.

Inscrición

O I Clinic de Baloncesto é unha actividade gratuíta e aberta a tódolos adestradores interesados en asistir. Tódolos aqueles técnicos interesados en formar parte desta actividade formativa deberán enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte enderezo: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.


--
CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA
Sergio González Larrañaga
Director Deportivo
Teléfono: 627 - 516 980
http://www.seisdonadalcoia.com